37
O BNG é unha forza política a alza o que lle permite estar en disposición de liderar o cambio real o 5 de abril, fronte a un PP que cada vez perde máis apoios. Así o valora a portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, preguntada polo resultado do último barómetro do CIS.
«Se hai unha gran mobilización o cinco de abril a favor do BNG, haberá cambio en Galicia. Esa é a garantía para impedir unha nova maioría absolutista do PP porque nós non queremos gobernos absolutistas nin sucursalistas», afirma Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta.