O BNG considera «precipitado» iniciar a desescalada ante a ponte

1 minutes read
  • Advirte que isto pode tirar pola borda o esforzo realizado durante estas semanas

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera “precipitada” a desescalada anunciada polo presidente da Xunta que entraría en vigor coincidindo co inicio da ponte da Constitución.

“Debemos ser prudentes e extremar as precaucións para non tirar pola borda o esforzo que está realizando a poboación e moitos sectores económicos ao longo de tres semanas de confinamento», destaca Pontón.

Para a líder nacionalista, “o máis prudente sería esperar a que houbese constancia dunha caída significativa, contundente e continuada na cifra de contaxios, hospitalizacións e falecementos, antes de iniciar unha desescalada. «Hai que ter en conta que mesmo no nivel máis favorable dos tres especificados por Feijóo se permiten 100 contaxios por cada cen mil habitantes, o dobre da cifra que a OMS considera un nivel de risco alto”, subliñou.