O BNG crea un cómic para invitar a afiliarse


No cómic publicado este xoves, a portavoz nacional, Ana Pontón, fai un chamamento para «sumar ideas, sumar soños» e avanzar na mellora dos dereitos laborais e sociais -facendo referencia explícita ás mulleres, ao colectivo LGTBI e a defensa da lingua galega-. Informa que a militancia do BNG está a medrar cada día, cun incremento de 2.203 afiliados nos últimos meses. A campaña sitúase no marco do Día da Patria, evento que o partido nacionalista convida a celebrar colocando a bandeira galega.