38
A portavoz nacional, Ana Pontón, critica que en plena crise de prezos Galiza siga cun goberno paralizado polas liortas de poder do PP, nunha guerra interna aberta para posicionarse en postos de saía para substituír a Feixóo na Presidencia galega. Afirmou que o PP non pode estar por riba de Galiza, nin Galiza pode estar paralizada pola guerra interna de poder do PP, nin porque Feixóo teña a pretensión de deixalo todo atado e ben atado” no seu relevo. Pontón tamén destacou que o próximo presidente ou presidenta da Xunta non vai ser o resultado da elección dos e das galegas nas urnas, “senón o resultado do dedazo de Feixóo ou de como logre encaixar as baronías populares”.