O BNG da Costa da Morte reafirma o seu apoio ás ANPA’s ante os recortes de profesorado

Os nacionalistas confirman o seu respaldo á mobilización convocada polas familias para este luns 8 de decembro en Cee, e critican que o goberno galego non atenda unha demanda tan necesaria e importante como é a educación do alumnado con necesidades especiais.

O BNG sinalou que os centros educativos especialmente afectados son o o CEIP Vila de Cee e IES Agra de Raíces, na vila ceense; e o CEIP Os Muíños, CEIP Virxe da Barca e CEIP Vilarmide, en Muxía. Neste senso, tanto o CEIP Vila de Cee como os centros de Muxía precisan de máis horas semanais de profesores de pedagoxía terapéutica (PT).

E no caso do IES Agra de Raíces, os nacionalistas salientaron que no curso pasado o instituto contou con dous PT’s, unha coidadora e un profesor de audición e linguaxe(AL) que estaba compartido. “E sen embargo, este ano teñen unha coidadora soa, non teñen especialista AL e teñen dous PT’s, cando en realidade farían fata catro, segundo demandan a ANPA; ademais de necesitar dúas coidadoras e polo menos un especialista de audición e linguaxe”, indicaron.

O responsable comarcal do BNG Costa da Morte, Xurxo Rodríguez Baña, manifestou que “o BNG leva apoiando ás familias desde que comezou o curso escolar, e cabe lembrar que trasladamos a problemática ao parlamento galego da man do deputado Oscar Insua, e comprobamos como a Xunta nega que os centros escolares de Muxía e Cee necesiten de máis docentes especialistas”.

Rodríguez Baña engadiu que “as crianzas da nosa comarca non poden ser de segunda; a Xunta do PP tenas abandonadas, tanto na educación como na sanidade e outras cuestións; non podemos permitilo e imos a seguir loitando para que se respecten os seus dereitos”.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila