O BNG da Laracha aféalle ao goberno local a inexistencia de orzamentos a piques de rematar febreiro

Carolina Castiñeiras. BNG A Laracha_Cedida.

A súa portavoz, Carolina Castiñeiras, declarou que “non hai excusa para que un goberno municipal en maioría non teña cumprido coa sua obriga de presentalos e aprobalos antes de final de ano”, e recordou que “xa o ano pasado houbo retraso e aprobáronse os orzamentos comezado o novo ano, porén”, continuou Carolina, “fomos comprensivos ca súa explicación de que se tiñan que incorporar a el proxectos de moita envergadura e orzamento, como as obras de rehabilitación da casa consistorial e o edificio interxeracional. Mais este ano non hai nada disto”. Dende o BNG din ser conscientes da situación que se está a vivir no concello coa suma de varias baixas entre o funcionariado, mais isto, lonxe de servir como excusa o que fai é evidenciar a nula capacidade de xestión do goberno municipal. Dende o BNG instan o goberno municipal a presentar canto antes os orzamentos municipais, ferramenta indispensábel para a xestión do municipio e para que a veciñanza saiba en que se van investir os cartos.

Noutro orden de cousas

Segundo Castiñeiras, “as obras públicas tardan mais de un ano en comezar desde que se licitan, o cal xa se fai con moito retraso tamén, e despois eternízanse na execución e nin sequera quedan ben, tendo que ser arranxadas nun par de anos, como no caso das pistas polideportivas descubertas de Leborís”. Carolina rematou a súa intervención manifestando que  “por iso nos parece ben, como un mal menor, que os cartosque se achegan dende o Plan único da Deputación, de xestión nacionalista no bioartito provincial,  se destinasen a gasto corrente, polo menos sabemos que eses cartos se investirán no funcionamento do día a día do concello, xa que se demostra que son incapaces de xestionar un volume de obras por importe dun millón de euros”.

Related posts

602 animais atoparon un fogar en Carballo desde 2012 grazas ao servizo de recollida e protección municipal

A conselleira do Medio Rural e o director da Axencia Turismo de Galicia visitaron en Razo Espazo Nature Retreat

Carballo participará nunha nova convocatoria anual das Residencias Paraíso