Despois de manter unha reunión con membros da ANPA, a portavoz municipal do BNG da Laracha e candidata á alcaldía, Carolina Castiñeiras, presentou unha moción para ser debatida no próximo pleno ordinario da Corporación na que demanda que o concello da Laracha inste á Xunta a dotar o instituto de zonas cubertas no exterior onde o alumnado poida protexerse da chuvia.
“Estamos a recibir varias queixas por parte de pais e nais do alumnado do Instituto da Laracha porque os seus fillos e fillas teñen que soportar as inclemencias climáticas antes de entrar nas aulas que, se ven non é un tempo excesivo, no peor do inverno provoca que a rapazada teña que estar a intemperie. Por outra banda, consideran que sería positivo que poidesen pasar mais tempo fóra nas horas de recreo sen ter que estar expostos á choiva. Todo isto tería solución dotando as instalacións dunhas zonas cubertas exteriores”, conclúe Carolina Castiñeiras.