O BNG da Laracha demanda un servizo de cita previa para trámites administrativos

PIXABAY

  • O cumprimento das normas sanitarias causa longas colas de espera na casa consistorial

O BNG da Laracha solicitará no vindeiro pleno que se poña en funcionamento un servizo de cita previa para a realización de trámites administrativos. Un requirimento que se produce tras as queixas dalgúns veciños ao ter que agardar longas colas para acceder á casa consistorial debido ás medidas sanitarias.

Segundo informa o voceiro do grupo municipal, Xoán M. Sande Muñiz, desde o BNG da Laracha consideran necesario «habilitar un servizo de cita previa para a realización de trámites administrativos, para evitar esas longas esperas e tamén para facilitar o traballo do persoal do concello dun xeito máis organizado e máis seguro para todas e todos». Un servizo que sexa de «acceso sinxelo tanto por vía telefónica como a través da propia páxina web ou mesmo das redes sociais do concello», apuntan desde a agrupación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha