O BNG da Laracha denuncia a presenza de madeira nunha estrada de Soandres

Cedida

  • Os nacionalistas din que as empresas «campan ás súas anchas polo concello»

O BNG da Laracha denuncia a presenza de troncos de madeira nunha estrada en Soandres, concretamente no cruce da Tapia e Maunlle. «Semella que algunhas empresas campan ás súas anchas no concello da Laracha», destaca o portavoz da formación local Xoán M. Sande Muñiz.

Segundo queixas veciñais, esta madeira leva meses na zona, rompendo mesmo un sinal de Stop. Ademais, sinalan que os «restos da madeira tirados polo chan quedan moitas veces enganchados baixo os coches».

Os nacionalistas fan fincapé en que na localidade existe unha ordenanza «na que se especifica moi clariño que as empresas teñen que deixar limpas as estradas e camiños despois dos traballos de retirada da madeira dos montes, o prazo no que o teñen que facer, e as sancións que pode impoñer o Concello cando iso non se cumpre». Desde o BNG instan ao goberno local a que tome as medidas oportunidades para facer cumprir dita normativa.