O BNG da Laracha denuncia o estado da beirarrúa na rúa Silverio Moreda

0 minutes read

Desde o BNG da Laracha afirman facerse eco das «queixas veciñais polo estado lamentable da beirarrúa da rúa Silverio Moreda, no casco urbano da Laracha. Parece ser que xa algún veciño ou veciña tivo algún tropezo nesa beirarrúa. Tamén hai queixas da saída de ratas polo buraco que hai xunto á arqueta que se pode ver na foto». Polo que instan a súa reparación, coa finalidade de evitar danos maiores.