O BNG da Laracha denuncia os danos causados pola actividade madeireira

1 minutes read
  • A formación reclama que sexan as empresas as que arranxen as desfeitas

Continúan as denuncias polos danos que causan as empresas madeireiras en varias vías nalgúns municipios da Costa da Morte. Se a semana pasada Xuntos Carballo reclamaba máis control por parte dos concellos, este sábado era o BNG da Laracha quen poñía o ollo nas desfeitas orixinadas durante a retirada de madeira nun camiño que se atopa na estrada que vai desde o lugar de Requesende (entre A Laracha e a Xesta de Soutullo) ata a Ferrulleira (Coiro). O portavoz da formación, Xoán M. Sande Muñiz, destaca que actualmente resulta «imposible» o acceso ás leiras por parte dos propietarios xa que «hai afundimentos de máis dun metro de altura».

A agrupación local demanda ao Concello que se adopten as mecidas oportunas para reparar o camiño e que se inste á empresa ao arranxo do mesmo establecendo unhas sancións se se nega.