O BNG da Laracha discrepa da ‘suba de impostos nun contexto de crise para a clase traballadora’

2 minutes read

O Grupo municipal do BNG da Laracha vai votar, no pleno extraordinario deste xoves 26 de outubro, en contra do incremento das Taxas da recollida de lixo, o Imposto sobre Bens inmobles (IBI) e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).

O IVTM (Imposto de Vehículos de tracción Mecánica), cun coeficiente de 1,25, os vehículos de 8 a 11,99CV de potencia fiscal, soben un 4,15%, o que supón pasar de 40,90 a 42,60 euros, máis nos de 12 a 15,99 CV soben un 7,17%, polo que pasan de pagar 86,33 a 93,52 euros.

Porén, o maior incremento é sobre as Taxas do lixo, que soben un 27% no rural, pasando do 50,92 a 64,8 euros. No urbano soben un 17,37%, pasando a pagar de 63,64 actual a 74,7 euros. As empresas de hostalería e alimentación, pola súa bando, van sufrir un incremento de máis dun 30% se posúen entre 100 e 200 metros cadrados de local, mentras aqueles que se atopan entre 31 e 100 metros cadrados, que supón a maioría, verán un incremento dun 24%. O resto de actividades económicas que se moven nestes mesmos metros, aumenta un 30%.

En canto ao IBI, ainda que é ben certo que a suba é máis moderada (dun 0,40% a un 0,44% no urbano e no rural un poco mais do 0,3 ao 0,4%) ao sumarse ao incremento do resto de imposto municipais que acabamos de nomear, supón agravar aínda máis as dificultades financieiras de boa parte da veciñanza.

A pesar de que o Partido Popular fai “bandeira” de ser o partido que aposta por baixar os impostos, aquí vemos como, ante un contexto gravísimo de inflación, o goberno da Laracha, do PP, dá un pau máis á economía das familias e aos autónomos do noso concello, e todo isto, mentras vemos como ano tras ano presumen dunhas contas “saneadas” e dun superávit no balance orzamentario, afirman os nacionalistas.

Por riba vimos de contemplar, no inicio desta lexislatura, un incremento dos salarios percibidos polos membros do goberno con dedicación exclusiva, en concreto dun total do 16,86%  ( 23595,04 euros máis ao ano).

Por todo isto, consideramos que neste contexto de crise para a clase traballadora, o aumentos deberían ser asumidos polas arcas do  Concello, quedando conxeladas ditas taxas, conclúen dende o BNG larachés.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?