O BNG da Laracha edita un novo número do boletín a ‘Arnela’


Xa se está a distribuir por todo o concello unha nova Arnela, o boletín informativo do BNG da Laracha. Destaca neste número unha entrevista á candidata á alcaldía, Carolina Castiñeiras, que ocupa as dúas primeiras páxinas. De seguido destacan o compromiso do BNG co concello da Laracha desde o goberno da Deputación, e finalmente publican unha entrevista con Ana Pontón.