O BNG da Laracha por mediación do seu portavoz, Xoán Manoel Sande Muñíz, levará ao próximo pleno da corporación municipal a demanda dun acordo para instar á Xunta de Galiza a aprobar unha oficina de farmacia para a localidade de Paiosaco. «A quinta farmacia para o Concello da Laracha debe ser aprobada para este núcleo de poboación en concreto, no que hai unha das feiras máis importantes da provincia e que é o núcleo máis poboado sen farmacia no concello». Os nacionalistas tamén afirman que «non pode quedar ao criterio da persoa que obteña a concesión no concurso a decisión de onde ubicala dentro do termo municipal, ten que aprobarse para esta localidade como se fixo noutros concursos e a Lei contempla esa posibilidade», conclúen.
29