Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo municipal do BNG no concello da Laracha presentou una solicitude de xunta de portavoces. Castiñeiras na exposición de motivos sinala que debido as informacións que coñecen a través da prensa sobre as supostas irregularidades da pretendida instalación dunha torre de telefonía móbil na contorna do colexio Otero Pedraio, así como á preocupación da comunidade educativa derivada deste feito, consideran que o acontecido é de suficiente interés para a cidadanía da Laracha no seu conxunto, «da que todos os grupos que conforman a Corporación Municipal somos lexítimos representantes. Consideramos que debemos, por tanto, ser coñecedores dunha versión oficial por parte deste Goberno municipal«.
Polo tanto dende o BNG piden que se convoque unha xunta de portavoces do Concello da Laracha para que a Presidencia informe debidamente dos feitos e de primeira man aos grupos desta Corporación Municipal sobre a situación da paralización da devandita obra de construcción dunha estación base de telefonía móbil na contorna do colexio Otero Pedraio, «se pode ser, o vindeiro venres día 29, aproveitando a convocatoria do Pleno Extraordinario, antes ou despois desta sesión«, conclúe.