Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha, presentaba, para o seu debate no vindeiro Pleno da Corporación Municipal un rogo para que se arranxe a escaleira de baixada á praia do Carocoleiro en Caión, dado que afirma que se atopa sen pasamáns na parte baixa, comprometendo a seguridade dos usuarios e dando imaxe de
deixadez.
E, por outra banda, afirma que dende finais deste pasado verán houbo que lamentar, máis unha vez, actos vandálicos no paseo do Saldoiro de Caión, onde resultaron danadas catorce balizas, a parte de outro mobiliario público.
«Dende o BNG trouxemos un rogo no mes de xaneiro para que se repuxeran as luces antes do verán para que a veciñanza de Caión non volvera a pasar un inverno no que non poidese disfrutar de pasear polo seu pobo dende, practicamente, as 6 da tarde. A realidade é que en pleno mes de xullo seguimos igual», conclúe a portavoz do BNG.