O BNG da Laracha pide que se habilite un sistema municipal de préstamo de ordenadores

Desde o Grupo Municipal do BNG da Laracha afirman que «na situación excepcional que nos toca vivir, todas as administracións deben coordinarse para tratar de paliar as necesidades da cidadanía», polo que lle pide ao Concello da Laracha «que faga un esforzo para axudar ao alumnado que non dispón dos medios necesarios para o estudo online». Propoñen como iniciativa que o Concello adquira unha cantidade determinada de ordenadores portátiles, «habilitando un sistema de préstamo para que os nenos/as das familias con poucos recursos teñan a posibilidade de estudar a distancia mentras non poidan volver ás aulas».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha