O BNG da Laracha pide que se limpe a maleza na rúa Silverio Moreda

BNG A Laracha

  • A veciñanza asegura que prolifera a presenza de ratas na zona

O BNG da Laracha faise eco das queixas de varios veciños da rúa Silverio Moreda, quen sinalan que a maleza que se atopa nun solar entre a mencionada vía e a Casa do Concello fomenta a «presenza de ratas».

Ademais, o portavoz do BNG larachés, Xoán M. Sande Muñiz, engadiu que esta maleza tamén segue presente porque «só se limpou ata onde puido chegar a maquinaria pesada». Por este motivo, desde a agrupación instan ao goberno municipal a adoptar as medias oportunas para a eliminación completa da vexetación.