O BNG da Laracha presenta unha moción de solicitude de axudas polos danos do temporal

1 minutes read

O BNG da Laracha, a través do seu Portavoz Municipal, Xoán M. Sande, rexistrou este martes unha iniciativa na que demandan que desde o Concello se adopten medidas de axuda ás persoas afectadas polos danos do temporal do xoves día 14. En concreto, demandan que se bonifiquen no 100% as taxas e licenzas por obras de reparación dos danos, que se preste asesoramento técnico e xurídico e tamén que desde o Concello se inste á Xunta de Galiza a habilitar unha liña de axudas. No caso da Laracha, a zona máis afectada é a limítrofe cos concellos de Arteixo e Cerceda, onde se teñen producido danos en vivendas e en explotacións agrícolas.