32
O parque eólico Coto Loureiro afecta aos concellos da Laracha e Cerceda. Este proxecto prevé a instalacións de 14 aeroxeneradores, todos eles ubicados no concello da Laracha (entre as parroquias de Montemaior e Soandres) de 173 metros de altura, algúns deles moi preto de núcleos de poboación como é o caso do núcleo de Portodoso en Soandres. O BNG emitiu un comunicado no que afirma que presentará alegacións a este parque, entre outros motivos, pola afectación que tería sobre o patrimonio natural e arqueolóxico, sobre as principais actividades económicas na zona como son a agro-gandeira e forestal, e tamén sobre a poboación de determinados núcleos de poboación que terían algúns dos muíños moi preto.