Desde a formación nacionalista informan de que «esta é unha reivindícación histórica do BNG local, que xa foi proposta en Pleno e que se ten demandado tamén a través das emendas ós Orzamentos da Xunta nos últimos anos, incluido este, no que estamos á espera da resolución».
«Por iso, dende o BNG tomamos a decisión de saír á rúa cunha campaña informativa e que tamén contará con unha recollida de sinaturas para que todas aquelas persoas que o desexen poidan participar deixando patente que este é un tema que afecta a toda a veciñanza e que , de conseguirse, tería múltiles vantaxes xa que ademais de avanzar na conciliación laboral e familiar, axudaría a desconxestionar unhas listas de agarda que non baixan da semana de espera».
A petición concreta consta dunha solicitude da dotación de persoal médico, de enfermeiría e PSX, optimizando así os espazos xa existentes.
A data escolleuse tendo en conta que, sendo non lectivo e no que xa moita xente está de vacacións, as persoas que non teñen tempo libre de mañás para visitar o centro de saúde en casos non graves, aproveitan este tipo de datas para facelo.
Na presentación desta campaña, ás 11 da mañá diante do centro de saúde, participarán membros do BNG local, (concelleiros, militantes e cargos organizativos) así como o responsable comarcal Xosé Manuel Pose, e o deputado autonómico Óscar Ínsua.