O BNG da Laracha reclama unha mellora lumínica nos núcleos rurais

1 minutes read

A corporación do BNG da Laracha levará ao próximo pleno municipal, que se celebrará este venres ás 13:30 horas, as queixas de varios veciños do entorno rural debido á ineficacia do novo alumeamento público.

Segundo o portavoz do grupo nacionalista na localidade larachesa, Xoán M. Sande Muñiz, «o cambio do alumeamento público por tecnoloxía LED está supoñendo unha iluminación insuficiente en varios lugares do rural».

Desde o BNG destacan a necesidade do «aforro enerxético e a redución da contaminación lumínica», pero consideran importante atopar un «equilibrio» para non «deixar os núcleos rurais cunha iluminación insuficiente mentres se sobreiluminan algunhas zonas urbanas».