O grupo municipal do BNG da Laracha presentou por rexistro dous rogos para tratar no próximo pleno da corporación. Nun deles demandan o arranxo dun espello e unha marquesina en Caión e no outro a colocación de barrotes nun tramo da varanda da escaleira da casa da cultura da Laracha polo perigo de caída que supón para os cativos.

