O BNG da Laracha rexistra unha iniciativa para a posta en valor do castro de Santa Baia

1 minutes read

A concelleira do BNG da Laracha Carolina Castiñeira ven de rexistrar unha iniciativa para o pleno ordinario da Corporación, que terá lugar este venres 13 ás 13:30 horas, mediante a cal lle pregunta ao goberno municipal se ten adoptado ou pensa adoptar algunha medida relativa ao castro de Santa Baia (na parroquia de Soandres). Segundo o BNG, datos coñecidos recentemente revelan da existencia dun campamento romano no mesmo lugar onde existiu o asentamento castrexo, o que podería facer do entorno de Santa Baia un centro de referencia para toda Galiza. Inciden na urxencia de tomar medidas para a protección dun elemento patrimonial situado nun monte polo que circulan vehículos como motos e quads, medidas de protección que xa teñen solicitado fai tempo desde o BNG da Laracha.