- O portavoz municipal do partido, Xoán Sande, considera que «só pasaron con algunha maquinaria polas zonas accesíbeis» dos lugares
O grupo municipal do BNG en A Laracha continúa denunciando a mala xestión da limpeza da maleza no municipio.
No último pleno ordinario do concello, celebrado o venres 31 de xullo, desde o BNG interesáronse por un terreo no casco urbano da Laracha no que «a maleza superaba os dous metros de altura nalgunha zona», sinala o portavoz do grupo municipal Xoán M. Sande Muñiz, quen engade que, a pesar de que o goberno lles informou de que o procedemento de limpeza xa estaba en marcha, «o certo é que boa parte da maleza continúa alí».
Sande considera que «só pasaron con algunha maquinaria polas zonas accesíbeis á mesma e quedou boa parte da maleza, sobre todo a que está contra o edificio da rúa Silverio Moreda».
Os nacionalistas tamén se interesaron por outro terreo na rúa Arxentina, e a resposta do alcalde foi «que estaban notificados os propietarios dese e doutros solares do casco urbano da Laracha de que tiñan que limpar a maleza», destaca Sande. Agora agardan a que estas actuacións se cumplan.