0
O Grupo Municipal do BNG da Laracha solicitará o cambio de ubicación de contedores que están a obstaculizar a visibilidade nun paso de peóns no cruce entre a rúa Paiosaco e a Río Anllóns, fronte a escola infantil. Segundo informan dende o BNG larachés, trátase dunha fila de contedores da rúa Paiosaco, sobre todo o contedor azul de papel e cartón que -como se pode ver na foto – dificulta a visibilidade para os condutores que veñen da rúa Paiosaco para incorporarse á Río Anllóns que poden non ver algún peón que poida achegarse cara o paso de peóns ao estar ese contedor azul xusto na esquina. Xa ten habido algún susto, polo que desde o BNG solicitan o cambio de ubicación para tratar de evitar males maiores.