O BNG de Bergantiños carga contra a “desastrosa” xestión da Xunta en sanidade e educación


O responsábel comarcal do BNG de Bergantiños, concelleiro de Promoción Económica en Carballo e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xose Regueira; o portavoz do BNG na Laracha e delegado de CIG-Saúde na zona, Xoán Manoel Sande Muñiz, e o deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Daniel Pérez López, compareceron para valorar a xestión da Xunta en materia de sanidade e educación, que, segundo afirman, “sitúa a Galiza nunha situación desastrosa”, e para presentar as iniciativas que impulsarán dende o seu grupo parlamentario. Xosé Regueira mostrou a súa solidaridade, tanto cos docentes como co persoal sanitario, en ambos casos competencias que debe exercer a Xunta de Galicia. Sande afirmou botar de menos a información da Xunta sobre a Covid-19 en Bergantiños, zona que calificou como “punto vermello” desta pandemia. Pérez mostrou o seu apoio a todo o persoal docente, que permite que o curso poida comezar con relativa normalidade.