O BNG de Bergantiños secunda a concentración convocada pola Plataforma Galiza con Palestina, composta por diversos colectivos, para o luns 13 de novembro, coas seguintes características:
1º.- Como organizadora das concentracións considerarase a Plataforma Galiza con Palestina, conformada por diversos colectivos e organizacións.
2º.- As concentracións terán lugar nas seguintes localidades e lugares:
Corcubión. Praza Castelao. Ás 19h
Carballo. Praza do Concello. Ás 20h
Dende a fronte nacionalista afirman que “o obxecto da concentración é amosar solidariedade co pobo palestino diante do acoso e derrubo que ven sufrindo desde hai décadas por parte do Estado de Israel. E nomeadamente o rexeitamento ante a agresión bélica que está a padecer a faixa de Gaza agora mesmo, dado que se está masacrando a poboación palestina nun xenocidio planificado polo Estado de Israel, contabilizándose xa máis de 10.000 persoas mortas na faixa, sendo case a metade delas crianzas, de aí a motivación da urxencia na convocatoria”.