O BNG de Cabana levará varios rogos ao próximo Pleno

David Cancela-BNG Cabana

O concelleiro do grupo municipal do BNG de Cabana de Bergantiños, David Cancela García, levará varios rogos ao próximo Pleno. Entre eles, a demanda da regularización municipal para o uso de espazos públicos e “así facilitar a creación de zonas para poder os comercios atender a clientela coas maiores garantías posibles retomando estes a súa actividade económica e social coa maior seguridade tanto para eles coma para os seus usuarios, adaptando os bares restaurantes, comercios e empresas a nova normativa”.

Ademais, “sabemos que non existe ningún tipo de taxa para o uso de terrazas en bares e restaurantes, polo que demandamos a regularización para estes, xunto con comercios e empresas do Concello”, afirmou David Cancela.

“No mesmo apartado farase fincapé en que esta e outras taxas deberían ser canceladas en este exercicio como parte das medidas a tomar polo goberno municipal para que a pequena e mediana empresa local non se resinta e debilite nesta situación de crise”, conclúe o líder local do BNG.