O BNG de Carballo dá a coñecer a súa candidatura completa para o 28M

2 minutes read

A asemblea local do BNG de Carballo aprobou o xoves día 13 por unanimidade a candidatura que presentará ás eleccións municipais do próximo 28 de maio coa que loitará por manter a maioría absoluta da corporación municipal e, polo tanto, a alcaldía, publicando os 15 primeiros compoñentes da lista. Agora, os nacionalistas deron a coñecer este domingo a candidatura completa de cara a esas eleccións municipais, e tamén o cargo ou profesión de cada persoa que a compoñen e que queda constituida do seguinte xeito:

1.- Evencio Ferrero Rodríguez. Alcalde de Carballo.
2.- María Belén Lendoiro Esmorís. Profesora. Actual concelleira de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior
3.- Xosé Regueira Varela. Vicepresidente da Deputación. Concelleiro de Promoción Económica e Turismo.
4.- Anxeles Pacoret Rodríguez. Mestra
5.- José Daniel Pérez López. Deputado no Parlamento de Galiza. Avogado

  1. Maruxa Suárez Cotelo. Licenciada en Psicopedagoxía. Concelleira de Mocidade, Normalización Lingüística e Festas
    7.- Juan Manuel Seoane Collazo. Licenciado Historia. Concelleiro de Mobilidade, Seguridade, Feiras e Mercados.
    8.- María del Carmen Ures García. Licenciada en Ciencias Políticas. Concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade.
    9.- Iván Andrade Tasende. Enxeñeiro. Concelleiro de Formación, Innovación e Emprego.
    10.- Luis María Lamas Alvarez. Xubilado. Concelleiro de Obras e Servizos.
    11.- Mar Eirís Villar. Mestra. Concelleira de Educación e Terceira Idade.
    12.- Miguel Angel Vales Mallo. Enxeñeiro. Concelleiro de Medio Ambiente e Praias.
    13.- Ramón Varela Rodríguez. Avogado.
    14.- Begoña Moscoso Varela. Traballadora do Sergas
    15.- Daniel Barreiro Quintáns. Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
    16.- Raquel Rodríguez Pose. Auxiliar Farmacia.
    17.- Roberto Martínez Puga. Empresario.
    18.- Carmen González Lago. Cociñeira.
    19.- Santiago Ramiro Domínguez. Farmacéutico.
    20.- Milagros Lantes Seara. Mestra. Concelleira de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación.
    21.- Marcos José Trigo Facal. Licenciado INEF. Concelleiro de Deporte e Cultura.

Suplentes
22.- Diana Suárez Ferreiro. Empregada.
23.- Alberto Liñares Lamas. Profesor.
24.- Irene García Areosa. Empregada.
25.- Horacio Castro Fabeiro. Hosteleiro.
26.- Sabela Alonso Fraga. Estudante.
27.- Luis Guillín Puñal. Veterinario.
28.- Pilar Trigo Varela. Cociñeira.
29.- David Castro Reigia. Licenciado en Química.
30.- Angela Criado Fernández. Educadora Social.
31.- José Manuel Buño Suárez. Xubilado da ONCE.