O BNG de Laxe acude á Valedora do Pobo polo uso do espazo para os grupos municipais

2 minutes read

O grupo municipal do BNG de Laxe vén de rexistrar unha queixa diante da Valedora do Pobo de Galicia polo que defino como “decisión unilateral do goberno do PP de ter que pasar este grupo a compartir o despacho que se nos tiña cedido co resto de organizacións políticas co mesmo tempo de uso, independientemente do número de membros”.

O reparto, insisten dende o BNG, decidido de xeito unilateral polo PP é o seguinte:

  • LUNS: PODEMOS
  • MARTES: PSOE
  • MÉRCORES: BNG
  • XOVES: PP
  • VENRES: NINGUÉN

Os nacionalistas afirman que resulta absolutamente insólito que un grupo municipal que goberna democráticamente con maioría absoluta e que conta con acceso ao concello a calquera hora do día, podendo usar, como xa está a facer de xeito “irregular” a alcaldía, o salón de plenos ou a sala de reunións da 2ª planta para reunións de partido, non como os grupos da oposición que só poden entrar ao despacho en horario de apertura do concello, tome esta inxusta decisión que mesmo non se axusta á lexislación vixente.

“Dende o grupo municipal do BNG poñemos en coñecemento da Valedora do Pobo e máis da veciñanza este problema e instamos ao goberno a que desista nesta cuestión e que sente a negociar e chegar a acordos cos grupos municipais que representan a moitos dos seus veciños e veciñas”.

“O grupo municipal do BNG de Laxe quere facer tal e como prometeu á veciñanza unha oposición construtiva: rigorosa, esixente e útil, apostando por un concello que dialogue, porque así entendemos a política”, conclúe.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?