35
As cifras falan soas e o BNG tira de números para debullar o programa cultural de verán que artella o Concello de Laxe.
Os nacionalistas afirman que só haberá actividades en 14 dos 92 días cos que conta a época estival, o que equivale arredor dun 15 por cento dos días.
A formación comandada por Xosé Manuel Pose considera que a proposta cultural do Concello para este verán amosa “moi pouca iniciativa e imaxinación cultural nun municipio de interese turístico como é Laxe”.