O BNG de Laxe denuncia o estado ‘lamentable’ do muro da igrexa de Traba

Cedida.

Tres anos e medio despois do temporal de 2020 no que se derrubou, os nacionalistas afirman que segue a estar nun estado penoso sen que nin o seu propietario, a Arquidiocese de Santiago de Compostela, nin o goberno municipal do PP se puxeran mans á obra, como de xeito reiterado lle ven esixindo a veciñanza de Traba.

Un incumprimento claro da Lei de Patrimonio Cultural, que establece que as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galiza están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

Reclamando estas melloras e apoiando a veciñanza do lugar, este luns pola tarde estará en Traba o deputado do BNG por Bergantiños, Daniel Pérez López, para coñecer in situ a situación e, nesa mesma semana, presentar unha iniciativa no Parlamento Galego para esixirlle á Xunta unha solución urxente á reparación da contorna dunha igrexa declarada Ben de Interese Cultural de Galicia, con categoría de Monumento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha