O BNG de Laxe insiste na proclamación do Porto Xacobeo

No Pleno celebrado en Laxe o pasado xoves volveu saír á palestra a proclamación da vila como Porto Xacobeo. Dous plenos despois, e a preguntas do concelleiro do BNG, Xosé Manuel Pose, o equipo de goberno foi preguntado polo orzamento adicado aos traballos de investigación neste senso, con ausencia de resposta por parte dos concelleiros do Partido Popular.

Os traballos a prol da declaración desta ruta xacobea, servirían para acreditar a existencia dunha antiga ruta entre Laxe e Santiago de Compostela. 

Pose levou ao pleno máis cuestións relativas ao municipio, como a limpeza do Campo do Escaravello, que segundo o concelleiro de Obras comezará en breve, a limpeza da área recreativa de Soesto, tamén anunciada para os próximos días, ou a exención do pagamento dos tributos municipais á hostalería de Laxe, ao que se negaron dende o equipo de goberno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha