O vindeiro xoves 25 reunirase o pleno ordinario da corporación local laxense, e nesta ocasión o grupo municipal do BNG leva unha moción para a declaración de fensta de interese turístico esta senlleira romaría. Entendemos desde o BNG de Laxe que, a romaría dos Milagres de Traba cumpre con todo o requerido no artigo 3 do DECRETO 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia, que recolle os requisitos para dito nomeamento como son:
a) Antigüidade: as manifestacións ou acontecementos de carácter festivo a que se refiran as peticións deberán ter no momento da solicitude unha antigüidade mínima de vinte anos, cifra amplamente superada polos Milagres de Traba. A súa celebración realízase periódicamente e en datas fácilmente determinables.
A antigüidade mínima poderá ser dispensada cando unha valoración conxunta dos requisitos e criterios recollidos na regulamentación así o aconsellen, pero en ningún caso poderá ter unha antigüidade menor de quince anos, sendo evidente e fácilmente demostrable, sobre todo coas fotos existentes no Arquivo Vidal, que os Milagres de Traba son moi anteriores.
A Virxe dos Milagres de Traba é venerada por un culto popular que se remonta a un evento da época da Primeira Guerra Carlista en 1834, onde trala batalla, e a posible existencia dun voto, uns fieis encontraron unha talla da virxe intacta nun monte. Esta imaxe venérase na igrexa de Santiago de Traba.
b) Singularidade: conta con aspectos orixinais e de calidade que a singularizan respecto a outras similares que poidan ter lugar noutras localidades. É un reflexo da idiosincrasia da zona e a poboación local e que, desde o respecto á tradición e costumes que a fan única, presentou, ao longo dos anos, innovacións nas edicións sucesivas que contribuiron a enxalzar máis o evento.
Tamén é famosa por sair en procesión cuberta por un manto de billetes como ofrenda dos devotos.
c) Arraigamento: conta co arraigamento popular no ámbito territorial correspondente e o carácter participativo da poboación local e de moita xente das comarcas próximas.
d) Foron realizadas pola entidade organizadora accións que permitiron dar a coñecer ao maior número de persoas posibles a celebración do evento, xa fora mediante a súa divulgación en medios audiovisuais de carácter xeneralista, como a participación en feiras, eventos turísticos e actos similares ou a súa divulgación en medios e rrss.
e) Valor cultural: a celebración dos Milagres de Traba xira arredor das manifestacións de interese e carácter cultural como son, entre outras, as artísticas, relixiosas, ou gastronómicas.
f) Continuidade no tempo: Entre a celebración dunha festa e outra non poderán transcorrer máis de catro anos, a non ser que sexa una festa cunha cadencia fixa que supere este prazo. En calquera caso, na solicitude deberá constar a periodicidade da celebración que no caso dos Milagres de Traba celébrase cada ano.
Así que o grupo municipal propon ao pleno a adopción do acordo de solicitarlle á Xunta de Galicia o inicio dos correspondentes trámites para declarar a Romaría dos Milagres de Traba Festa de Interés Turístico de Galicia, tan senlleira non só nesta importante parroquia do concello laxense, se non para a veciñanza de todo arredor.