O BNG de Laxe levará a Pleno o estado da desembocadura do río do Lago

1 minutes read

No vindeiro pleno ordinario do xoves 25 de xaneiro, o BNG de Laxe preguntará ao goberno municipal por qué non se abriu, como sempre se fixo, a saída ao mar á altura de onde o río Lago toca a praia.

Dende o BNG afirman que «tal e como se pode comprobar nas fotos, este goberno do PP de Laxe volve facer historia, neste caso co río do Lago, posto que nunca chegara a desembocar no mar á altura do calexón de Pepucha».

Dita situación transforma por completo a xa de por sí deteriorada fisonomía da praia urbana de Laxe, «sen dúbida a mellor praia de Galiza», conclúen os nacionalistas.