O BNG de Laxe pide de novo explicacións sobre a urbanización dos terreos da mina

1 minutes read

O grupo nacionalista no Concello de Laxe presenta un informe técnico que conclúe que a realización das obras de urbanización correspóndelle aos propietarios (neste caso, as empresas lideradas por Sondeos del Norte) e non ao Concello. Sondeos del Norte “subscribiu un acordo” a través da aprobación en pleno das súas esixencias, mediante o cal o Concello asumía o custo desa urbanización que correspondería aos propietarios. O grupo político do BNG esíxelle, polo tanto, ao grupo de goberno que se depuren as pertinentes responsabilidades e se ofrezan explicacións en detalle á veciñanza de por qué se vai beneficiar a unhas empresas con diñeiro público, mesmo rebaixando o nivel de edificabilidade  de vivenda protexida e aumentando o de vivenda comercial.