O BNG de Laxe pide incluír a peonalización da rúa Real no POS deste ano

Calle Real en Laxe_GOOGLE MAPS

  • A formación tamén solicita o arranxo de varios camiños, como o que une o Campo da Torre ata a estrada CP-4001

O BNG de Laxe presentou unha proposta de obras para incluír no POS deste ano. A formación solicita a peonalización e pavimentación en pedra da rúa Real, desde a Casa do Arco ata a igrexa. Tamén pide o arranxo do camiño une o Campo da Torre ata a estrada CP-4001 ao atoparse «nun estado máis que lamentable». O voceiro da formación, Xosé Manuel Pose Lema, destaca que esta situación, en época de chuvias, prexudica ao «complexo A Torre de Laxe, un dos negocios insignia do turismo do noso concello» debido ao arrastre de terra e pedras.

Na proposta tamén se inclúe o acondicionamento da pista que vai de Sucasas a Arantiñas, así como o arranxo do camiño desde a casa de María do Plateiro ao prado de Mórdomo.