O BNG de Laxe presenta tres propostas para incluir no POS+ 2023

1 minutes read

O Concello de Laxe recibirá da Deputación da Coruña neste POS+2023 a cantidade de 268.624,85€, e é por todo isto polo que Xosé Manuel Pose Lema, en calidade de Portavoz Municipal do BNG, e en virtude das atribucións que lle confire a Ley, presenta á consideración do Pleno Extraordinario que se convoque para tal fin antes das 15.00 horas do martes 14 de febreiro de 2023 que é cando remata o prazo, a seguinte proposta para incluir no POS+ 2023, no que a investimentos se refire as seguintes propostas:

  • Arranxo do camiño municipal que vai desde o Campo da Torre ata a estrada CP-4001 e que atravesa o corazón do complexo A Torre de Laxe, un dos negocios insignia do turismo do concello, que se atopa nun estado máis que lamentable, e que tantos trastornos causa aos responsables do complexo posto que cando chove a auga arrastra unha gran cantidade de terra e pedras.
  • Peonalización e pavimentación en pedra da Rúa Real desde a Casa do Arco ata a Igrexa.
  • Sustitución da area por caucho no parque infantil da Praza dos Voluntarios.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?