O BNG de Laxe presentará no pleno deste xoves un amplo conxunto de mocións, rogos e preguntas

O Grupo Municipal do BNG de Laxe presentará no pleno ordinario deste xoves, 26 de marzo, un amplo conxunto de mocións, rogos e preguntas que, segundo afirman, «poñen de manifesto, unha vez máis, que o Bloque é a única forza que está a traballar con rigor, planificación e defensa dos intereses da veciñanza fronte á evidente incapacidade de xestión do goberno local do PP».

Mocións presentadas:

1. Moción sobre a instalación irregular da maquinaria da Biblioteca/Salón de Actos

O BNG denuncia que o Concello instalou unha máquina de climatización nun espazo pertencente a unha comunidade de propietarios sen acordo previo, xerando prexuízos, molestias e un conflito veciñal evitable.

A moción reclama un informe técnico independente, a corrección da instalación e a restitución dos danos causados.

2. Moción para a apertura e licitación do Punto de Atención á Infancia (PAI)

O PAI leva pechado desde 2019, malia estar rematado e equipado.

O BNG propón a súa apertura inmediata e a licitación da xestión para garantir un servizo esencial para as familias, a conciliación e a fixación de poboación nova.

3. Moción para un Plan Estratéxico ante o eclipse solar do 12 de agosto de 2026

O eclipse atraerá entre 5.000 e 10.000 persoas a Laxe, e o BNG alerta de que, se xa nun verán normal o PP é incapaz de xestionar o tráfico, os aparcamentos e os servizos básicos, o risco de colapso é evidente.

O plan debe incluír:

  • Regulación do tráfico e mobilidade
  • Xestión de aparcamentos
  • Seguridade e emerxencias
  • Apoio ao comercio e hostalería
  • Información pública e planificación ambiental

Ademáis, o BNG solicitará explicacións e accións inmediatas en asuntos que o PP leva meses atrasando:

–      Fai un ano o pleno aprobou a moción do BNG para comezar os arreglos tan necesarios no colexio de Laxe CPIP Cabo da Area, único centro educativo actualmente no concello. O contido desta moción non só non se está poñendo en marcha se non que o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, recordoulle ao goberno municipal na súa visita que era competencia do Concello realizar esta actuación.
  • O BNG ven preguntando xa en varios plenos sobre se se atenderon ás demandas das familias de Traba que preguntan por que non se habilitan para o alumnado de postobrigatoria as mesmas paradas xa existentes para primaria. Desde este grupo xa se solicitou formalmente e se está a traballar nunha iniciativa parlamentaria.
  • O grupo municipal denuncia que o Concello continúa sen contestar peticións formais, tanto do BNG como da cidadanía.
O bloque de Laxe preguntará tamén sobre o apoio á comisión de festas e a instalación de WCs móbiles, as posibilidades de usos da antiga escola unitaria de A Torre, e sobre os pasos que deu o goberno para atender as demandas da veciñanza de Coens afectada pola posible reapertura de la mina nesa parroquia.
A portavoz nacionalista, Cristina Vázquez, afirma que “o BNG é a única forza que traballa con propostas, planificación e defensa do interese común, fronte a un goberno do PP que continúa acumulando atrasos, improvisacións e falta de transparencia”.

Related posts

A Laracha acolle un intercambio escolar co centro francés Collège Amiral Merveilleux du Vignaux

Comercio local, artesanía, postos internacionais e exhibicións artesás na Mostra do Encaixe de Camariñas

O BNG pide á Xunta ‘que cumpra a promesa de incluír unha quinta farmacia na Laracha’