O BNG de Laxe reprocha ao goberno local a falta de apoio ao comercio

1 minutes read

O grupo municipal do BNG de Laxe criticou a ausencia de apoio do equipo de goberno ao comercio local.

Os nacionalistas recordaron as campañas de nadal celebradas noutros anos nos que o concelleiro nacionalista Xosé Manuel Pose traballaba á fronte da Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo, e nas que participaban máis dunha vintena de establecementos da vila.

Segundo Xosé Manuel Pose, “a Covid non pode ser unha desculpa para todo. Noutros moitos concellos hai campañas deste tipo e este ano debería habela con máis motivo para potenciar, promocionar e poñer en valor o comercio local, que tan mal o está a pasar nesta crise sanitaria”.