O BNG de Malpica pide o cese de Cañizo e responsabiliza ao PP do que ocorre na vila

1 minutes read

O BNG de Malpica celebrou este sábado no local social do partido en Carballo unha rolda de prensa na que o seu portavoz e responsable local, Miguel Ángel Varela, fixo recurrentes as súas declaracións dende fai unhas semanas, afirmando que “Eduardo Parga non está cumprindo as súas obrigas como Alcalde”, xustifícao, baixo o seu punto de vista, que “non está a defender os intereses da veciñanza”, referíndose en concreto ás discrepanzas na defensa da olería de Buño, que derivaron en enfrontamentos e polémicas coa veciñanza e diferentes entidades, nos que os nacionalistas afirman que o Partido Popular co seu Alcalde á fronte sempre se postula a favor do concelleiro de AIM, Alfredo Cañizo.

Deste xeito, Miguel Varela reflexiona que o primeiro culpable do que está a acontecer é o Sr. Alcalde, como máximo responsable do Concello de Malpica, coa complicidade dos demais concelleiros e concelleiras do Goberno local, actos que non deben pagar os veciños e veciñas de Malpica como consecuencia do que definiu como “nefasto pacto de Goberno entre o PP e AIM para gobernar a calquer prezo, debendo antepoñer os intereses do pobo por encima dos intereses particulares ou partidistas que se interpoñan no camiño” .

Po todo elo, dende o BNG piden o cese inmediato do concelleiro de Servizos, Festexos e Turismo, así como a celebración dun Pleno extraordinario para rendir contas á cidadanía, lonxe do ruído que xeran os soportes das redes sociais, asunto que deberá consensuar a súa solicitude co PSOE, dado que o BNG non dispón de quorum suficiente para facelo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?