Segundo anunciou a candidata á alcaldía de Ponteceso, Fátima Rodríguez Gonzálvez, o BNG manifesta o seu apoio ao comercio local e comprométese a resolver unha das súas demandas históricas, como é a falta de aparcamento nas zonas do municipio onde se concentran maior número de establecementos. Afirman que «debido principalmente á baixa rotación actual, os turismos chegan a ocasionar problemas de conxestión e segundas filas en varias vías da vila». Os nacionalistas tamén se comprometen a establecer un protocolo municipal de axuda ás PEMEs no caso de circunstancias excepcionais que sirvan para amortecer os efectos negativos de susceptíbeis peches temporais obrigados e a recuperar a normalidade o máis rápido posible. «Animamos á xente que merque no comercio local e desexamos para este que teña unha boa campaña de Nadal», conclúen.
O BNG de Ponteceso fai públicas algunhas das súas propostas electorais e de apoio ao comercio local
Cedida.