O BNG de Ponteceso lamenta que o goberno muncipal só levara ao primeiro pleno ordinario asuntos de trámite demostrando que seguen sendo un goberno paralizado e que actúa sen diálogo.
Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, lamenta que o goberno do PP tentara impedir que se falara dos traballos chamados de “limpeza de ríos” no pleno, pensa que así o goberno municipal opta polas políticas de feitos consumados, toda vez que os traballos avanzan e non se lle entrega información ao respecto solicitada desde o 4 de decembro.
No último pleno ordinario o BNG presentou tres mocións: resolver os problemas de contaminación acústica, elaborar un Plan de Actuación Municipal ante as inundacións; e unha terceira, que non puido debatirse por non considerarse urxente pola maioría dos grupos, foi a de esclarecer sobre a existencia dos permisos pertinentes para os traballos chamados de “limpeza de ríos”. As dúas primeiras foron aprobadas por unanimidade dos partidos presentes (BNG, APIN, PSOE, AxP e PP) e a terceira non chegou debatirse pois non foi considerada urxente pola maioría do pleno ao non apoiar este extremo nin PP nin AxP.