O BNG de Ponteceso pide melloras no servizo da biblioteca e un plan de turismo e cultura

Cedida.

Fátima Rodríguez Gonzálvez, voceira municipal do BNG, defendeu ante o pleno sendas iniciativas para instar ao goberno municipal a mellorar a atención ao público da biblioteca municipal e para planificar o aproveitamento de todos os recursos turísticos e culturais do municipio.

Con esta iniciativa sobre a biblioteca o BNG agarda rematar cunha situación que, segundo afirma, xa se prolonga durante moito tempo nas instalacións e que o novo goberno municipal aínda non resolveu, como é o peche eventual e a falla de información ás usuarias sobre estes peches eventuais, nomeadamente pola tarde, e que estas só coñecen unha vez están na porta do centro cultural, sen ter tampouco coñecemento así mesmo da restitución do horario habitual de apertura.

Dende o BNG afirman que «esta situación, que non é nova, deuse por última vez esta pasada semana da ponte de decembro, na que a biblioteca permaneceu pechada sen máis aviso que o que podíamos ver na propia porta das instalacións cando ata alí chegabamos. A proposta foi apoiada pola maioría do pleno, incluídos os votos do Partido Popular que ostenta a concellería responsábel desta área pero que non respectou o seu propio voto volvendo a non avisar do peche das instalacións».

Para a voceira do BNG “Esta situación supón para as persoas usuarias unha perda de confianza no servizo público e por iso é importante que a nosa proposta se leve adiante”, toda vez que a falla eventual do servizo pola tarde acarrea que a xente deixe de acudir neste horario de xeito habitual, consideramos preciso establecer unha boa canle de comunicación a fin de restaurar o uso normal do servizo polas persoas usuarias e que non se tome a decisión de pechar definitivamente a biblioteca neste horario por falta de usuarios nel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha