O BNG de Ponteceso presenta emendas ao Orzamento da Xunta 2024

A formación nacionalista, que representa Fátima Rodríguez, levará ao Parlamento galego a través do deputado carballés Daniel Pérez, o que considera un agravio comparativo para Ponteceso, que a Xunta se esqueza do municipio no proxecto de orzamentos para 2024, nos que non incluíu ningunha partida para este concello.

Denuncian así mesmo o que cualifican de «manobras propagandísticas que a Xunta e o Partido Popular están levando a cabo estas últimas semanas coa visita á localidade de varios representantes da Xunta tentando tapar a falla de investimentos coas axudas autonómicas obtidas por entidades privadas ou asociacións, que nada teñen que ver con partidas propias destinadas a infraestructuras ou servizos no municipio».
“Desde o BNG de Ponteceso rexeitamos a idea caciquil de que Ponteceso deba recibir fondos autonómicos porque agora o goberno municipal sexa da mesma cor que o da Xunta, Ponteceso debe estar incluído no orzamento porque hai necesidades manifestas en materias propias da Xunta ou compartidas co Concello, e non atendelas é considerarnos unha localidade de segunda.”
As enmendas presentadas polo grupo nacionalista, que se debatirán a vindeira semana no Parlamento Autonómico, son 3:


1,5M de euros para continuar a dotación de saneamento integral en todas as parroquias, rematando a habilitación do servizo onde só hai polo de agora alcantarillado sen aproveitamento e planificando a chegada do servizo integral ás parroquias que carecen del, que son a maioría.


1,0M de euros para modernizar e cambiar de ubicación a EDAR de Ponteceso cuxa ubicación dentro do casco urbano supón un foco de cheiros e malestar para a veciñanza e o pequeno comercio da localidade, a maiores de que está provocando un foco de insalubridade por deficiencia de funcionamiento e verteduras puntuais pola obsolescencia da infraestructura.


150.000 € para iniciar a construcción dun centro de día que permita a atención completa por equipos multidisciplinares das persoas usuarias coas garantías que merecen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha