31
Aínda que xa veñen adiantando nas redes sociais as primeiras posicións da súa candidatura, será este venres cando darán a coñecer a totalidade das mulleres e homes que conforman a lista para estas eleccións municipais do 28 de maio. No acto, no que se presentarán así mesmo as liñas principais do seu proxecto, participarán: Miguel Pose Amado, nº 2 da candidatura, Xosé Regueira Varela, Vicepresidente da Deputación da Coruña, e Fátima Rodríguez Gonzálvez, candidata á alcaldía de Ponteceso. A cita, como decimos, será este venres 21 de abril ás 20:30 horas na Casa dos Veciños do Couto.