O BNG de Vigo aposta pola cultura como eixo estratéxico dun novo modelo de cidade

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego comprométese a potenciar a cultura como eixo estratéxico da súa alternativa en Vigo. A fronte nacionalista celebrou este sábado un Vermú Cultural, un encontro con representantes das diversas disciplinas culturais da cidade, para trasladar as grandes liñas do seu programa de cara ás eleccións municipais do 28 de maio: un Consello Municipal da Cultura con participación social, unha rede de bibliotecas en todos os barrios, unha programación descentralizada durante todo o ano, unha Fábrica Cultural en Teis para creadores e creadoras, valorizar o acervo cultural galego e converter Vigo na grande cidade do libro, entre outras propostas.