O Bloque Nacionalista Galego de Vigo buscará o apoio do Pleno municipal para rexeitar a instalación de dous parques de eólica mariña, Volanteiro e Celta II, a 40 quilómetros das Illas Cíes. A fronte nacionalista vén de presentar publicamente a moción que formulará na sesión plenaria, prevista para este mércores, para instar aos Gobernos municipal, galego e español a se opor a estes proxectos polos seus impactos ambientais, sociais e económicos. Así, a moción das nacionalistas demanda que o Concello de Vigo se opoña a instalación de parques de eólica mariña na costa galega, en particular aos proxectos en trámite no sur da provincia, Volanteiro e Celta II, promovidos polas empresas Ferrovial e Capital Energy que prevén instalar cada un 34 aeroxeradores de 510 MW.
34