O BNG de Vigo comprométese a cuatriplicar os recursos para políticas municipais de emprego

O Bloque Nacionalista Galego comprométese a multiplicar por catro os recursos orzamentarios destinados a políticas municipais de emprego e de promoción económica. Así o anunciou este martes o concelleiro e candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que propón destinar un mínimo de 20 millóns de euros no vindeiro mandato diante do aumento do desemprego, a principal preocupación das viguesas e vigueses. Así, Igrexas asegurou que un BNG «determinante» no Concello de Vigo a partir das vindeiras eleccións municipais do 28 de maio será a garantía dunha nova política que teña entre as súas prioridades a promoción do emprego para atender a primeira preocupación dos e das residentes na cidade. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha